
Que é o Festigual?
Volve o Festigual, o festival de todas. Un proxecto que celebra a súa novena edición mantendo o compromiso coa creación artística que nace desde as marxes, nos espazos onde a arte se converte nunha forma de participación e de encontro. Un festival coas persoas no centro da cultura.
Do 5 ao 28 de novembro, A Coruña volverá ser escenario dun festival que espalla a súa programación por máis dunha ducia de espazos da cidade. A proposta deste ano reúne compañías profesionais e proxectos comunitarios apostando por formatos que amplían os límites da escena e achegan a cultura a todos os públicos.
Ao longo dos anos, o FESTIGUAL – Festival das Artes pola Inclusión e a Diversidade foi medrando en diálogo constante coa cidade, abrindo escenarios, museos, centros sociais e mesmo hospitais a propostas nas que a accesibilidade non era un complemento, senón o punto de partida. E non é casual que este camiño se fixese desde A Coruña: unha cidade vangardista, aberta e comprometida, que asumiu o Festigual como propio e que demostra, edición tras edición, que a cultura pode ser para todas e todos.
O Festigual 2025 consolida un modelo de festival que rompe coas lóxicas normativas da cultura e reivindica a creación como espazo de identidade, diversidade e comunidade. Un proxecto que medra cada ano grazas ás persoas e colectivos que traballan desde o local para construír, entre todas, unha cidade máis aberta, máis creativa e máis igual.
Saúda da Alcaldesa

Como alcaldesa da Coruña e Presidenta da Fundación Emalcsa síntome especialmente orgullosa do traballo que estamos a facer a través do FESTIGUAL, o Festival das Artes pola Inclusión e a Diversidade, un claro referente da cidade que soñamos e construímos todas e todos xuntos.
Un festival que naceu para visibilizar os proxectos das entidades culturais da cidade que traballan coas entidades sociais a través das artes buscando a inclusión e a diversidade. Este espírito colaborativo, e sumamente creativo, é aínda hoxe a esencia do FESTIGUAL que ademais incorpora propostas artísticas de máximo nivel e busca, a súa vez, a promoción de propostas de inclusión e diversidade en redes e circuítos profesionais.
Xa son nove anos rompendo coas trabas que se atopan moitas persoas á hora de crear e construír cultura, nove anos traballando por unha sociedade mellor a través da cultura, esa lingua universal que une pobos, esa ferramenta capaz de adentrarse en calquera persoa. O que naceu como un espazo de convivencia e transformación a rol da inclusión ao redor das artes é hoxe un lugar co acceso á cultura de calquera persoa independientemente das súas capacidades, garantindo a accesibilidade física, sensorial e intelectual. FESTIGUAL é ese punto de encontro que inclúe a todas e a todos que suma A Coruña nesa procura dun mundo máis xusto e sen barreiras.
Durante o mes de novembro A Coruña convértese na capital da inclusión e da diversidade e acolle, nos nosos espazos máis emblemáticos, distintas disciplinas artísticas co propósito de concienciar sobre a urxencia de facilitar espazos nos que todo o mundo poida acceder ás artes e promocionar propostas artísticas creadas por colectivos máis diversos, entendendo sempre a diversidade como unha riqueza indispensable dunha sociedade avanzada.
Gracias tamén aos nosos colaboradores, a Deputación da Coruña, a Fundación María José Jove e Vegalsa, por sumarvos a unha aposta tan ambiciosa e de cidade.
Convídovos a todas e a todos a participar do FESTIGUAL da Coruña.
PROGRAMACIÓN 2025
todos os espectáculos son de balde
mércores 05 novembro
🎭 GALA “MÚSICA BAIXO AS ESTRELAS” CON SOPHIE SIMONDS, KREZE, MANU NEW ORLEANS BAND, ASOCIACIÓN AÏS E MAGO TETO. PRESENTAN FRAN REI E CORINA ALFONSO.
🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade – Interpretación en LSE
📍TEATRO COLÓN
venres 07 novembro
🎭 O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
🕒 11.30 h – espectáculo para centros escolares
📍CENTRO ÁGORA
🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade
📍CENTRO ÁGORA
sábado 08 novembro
🎭 VISITA GUIADA ADAPTADA Á EXPOSICIÓN PERMANENTE DA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
🕒 12.00 h – de balde ata completar capacidade – Interpretación en LSE
📍SEDE DA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
🎭 DANZATERAPIA EN FAMILIA XQN
🕒 17.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/DanzaterapiaXQN
📍FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
🎭 FREESTYLE PEOPLE EN PURÉ FREE
🕒 20.00 h – de balde ata completar capacidade
📍FÓRUM METROPOLITANO
🎭 VISITA GUIADA A CARREIROS SEN NÉBOA
🕒 12.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/VisitaCarreiros
📍CASA MUSEO MARÍA PITA
martes 11 novembro
🎭 MANTRAS. ROBERT PIER E O CORO DIVERSOS FUNCIONAIS
🕒 11.30 h – de balde ata completar capacidade
📍COLEXIO GRANDE OBRA DE ATOCHA
xoves 13 novembro
🎭 DE CORPO A PALABRA. EXPERIMENTADANZA
🕒 11.30 h – espectáculo para centros escolares
📍CENTRO ÁGORA
🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade
📍CENTRO ÁGORA
venres 14 novembro
🎭 PODEMOS VOLAR SIN ALAS
🕒 11.30 h espectáculo para centros escolares
📍FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
sábado 15 novembro
🎭 EVENTO VERMUIGUAL
🕒 de 12.00 h a 18.00 h – de balde
📍LA BARRA (Rúa Juan XXIII, 10)
xoves 20 novembro
🎭 DE TU A TU. COLLECTIU MUR
🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade – visita táctil ao escenario despois da función
📍TEATRO ROSALÍA
sábado 22 novembro
🎭 XORNADA DE ARTETERAPIA E COIDADOS. REBECA PONTE E ASOCIACIÓN VITACAELI PARA LA PROMOCIÓN DE LAS ARTES EN EL ENTORNO SANITARIO
🕒 Toda a xornada – de balde con inscrición previa: https://i.gal/XornadaArteterapia
📍HOSPITAL MARÍTIMO DE OZA (SALÓN DE ACTOS)
🎭 VISITA GUIADA A CARREIROS SEN NÉBOA
🕒 PENDENTE h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/VisitaCarreiros
📍CASA MUSEO MARÍA PITA
mércores 26 novembro
🎭 YERMA. NOITE DE BOHEMIA.
🕒 espectáculo para internos
📍CENTRO PENITENCIARIO DE CURTIS
venres 28 novembro
🎭 POSTCROSSING. SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA
🕒 17.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/Postcrossing
📍SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL SALVADOR DE MADARIAGA
🎭 A BANDA DA LOBA. CONCERTO.
🕒 20.30 h – de balde ata completar capacidade – Interpretación en LSE – mochilas vibratorias
📍CENTRO ÁGORA
venres 1 decembro
🎭 CANDILEJAS PRODUCIÓNS: “DUMBO, O MUSICAL”
🕒 18.00 h
📍TEATRO COLÓN
domingo 3 decembro
🎭 XURXO FERNANDES + PAN.SEN.FRON. + VECIÑANZA DE O CAMPANARIO
🕒 19.00 h
📍CENTRO ÁGORA
** Antes do comezo do espectáculo, Os Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña estarán co seu Museo Virtual para que as persoas que queiran poidan realizar unha visita 360 a unha das exposicións. A actividade requise inscripción a través do formulario que se pode atopar en www.festigual.gal
Do o 06 ata o 29 de novembro:
Ciclo de Cine: UN PLANO DIFERENTE | Xoves e venres: 20.00 h – sábados: 17.30 h e 20.00 h | Sala Fernando Rey
• 06, 07 e 08 novembro – “Intocable”
• 13, 14 e 15 novembro – “Olvido y León”
• 20, 21 e 22 novembro – “O home e o can”
• 27, 28 e 29 novembro – “Sorda”
Do o 05 ata o 29 de novembro:
Exposición: CARREIROS SEN NÉBOA | de martes a sábado: de 10.00 h a 13.00 h e de 17.00 h a 20.00 h | Casa Museo María Pita
Do o 27 de novembro ata o 15 de decembro:
Exposición: 150 ANIVERSARIO DA LIÑA FÉRREA A CORUÑA – LUGO | de luns a venres: de 08.00 h a 21.00 h e sábados: 09.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h | Sala de Exposicións Municipal Salvador de Madariaga
ESPECTÁCULOS:

Carreiros sen néboa
NÓS, WHY NOT?
• do 5 ao 29 novembro
| de luns a venres: de 08.00 h a 21.00 h e sábados: 09.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h – de balde – Casa Museo María Pita
Carreiros sen néboa amosa como a fotografía pode ser ferramenta de comunicación e inclusión. As súas autoras, todas con discapacidade intelectual —unha delas cega de nacemento—, convidan a percorrer imaxes que rompen prexuízos e barreiras. Cada obra é un testemuño persoal, entre a busca de instantes únicos, a exploración sensorial da cor ou o traballo en proxectos colectivos.

150 Aniversario da liña férrea A Coruña – Lugo
SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA
• do 27 de novembro ao 15 de decembro
| de luns a domingo de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 h – de balde – Sala de Exposicións Municipal Salvador de Madariaga
Unha exposición filatélica que pretende conmemorar o 150 aniversario da inauguración en 1850 da liña férrea entre A Coruña e Lugo. Este tramo converteuse na primeira parte do que posteriormente sería o tren a Madrid.

Música baixo as estrelas
GALA – CONCERTO
• venres 07 novembro
| 20.30 h – Entrada de balde ata completar capacidade – Teatro Colón
| Interpretación en LSE
Música baixo as estrelas traslada ao teatro o espírito da rúa. Unha gala presentada por Fran Rei e Corina Alfonso que reúne a Sophie Simonds, Kreze, Manu New Orleans Band, Asociación AÏS e o Mago Teto. Un encontro para descubrir artistas que forman parte da vida cotiá, pero que adoitan quedar fóra dos escenarios convencionais. Unha cita con moito humor, música e retranca.

O pequeno poni
REDRUM TEATRO
• venres 07 novembro
| 11.00 h – espectáculo para centros escolares – Centro Ágora
Luismi, un neno de dez anos, sofre acoso escolar por levar unha mochila da súa serie favorita, O meu pequeno poni. Inspirada en feitos reais, a obra de Paco Bezerra aborda a violencia, os prexuízos e o medo, pero tamén a liberdade e a diferenza. Un retrato descarnado e necesario sobre aceptar ao propio fillo e sobre a responsabilidade das familias e da sociedade na loita contra o acoso.

Visita guiada adaptada á Exposición Permanente da Fundación María José Jove
FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
• sábado 08 novembro
| 10.00 h – de balde ata completar capacidade – Sede da Fundación María José Jove
| Interpretación en LSE
A Colección de Arte da Fundación María José Jove iniciouse nos anos noventa cunha aposta pola arte galega, ampliándose despois a un conxunto de referencia que abrangue os séculos XIX, XX e XXI. O percorrido inclúe pintura, escultura e instalacións que reflicten a evolución da arte desde o romanticismo ata as vangardas internacionais e a creación contemporánea, converténdose nunha das coleccións máis completas do panorama galego.

Ciclo de cine: Un plano diferente
• 06, 07 e 08 novembro – “Intocable”
• 13, 14 e 15 novembro – “Olvido y León”
• 20, 21 e 22 novembro – “O home e o can”
• 27, 28 e 29 novembro – “Sorda”
| Xoves e venres: 20.00 h – sábados: 17.30 h e 20.00 h
– Sala Fernando Rey
A Sala Fernando Rey acolle o ciclo “Un plano diferente”, unha programación de cinema que convida a mirar doutro xeito. Durante o mes de novembro proxectaranse “Intocable”, “Olvido y León”, “O home e o can” e “Sorda”. Cada sesión inclúe tamén unha curtametraxe de Miradas Diversas, proxecto colaborativo de ALBATROS con usuarias de APEM e Aspronaga que retrata a vida cotiá da Coruña a través do audiovisual.

Mantras
ROBERT PIER E O CORO DIVERSOS FUNCIONAIS
• martes 11 novembro
| 11.30 h – de balde ata completar capacidade – Colexio Grande Obra de Atocha
Un concerto semiacústico a cargo de Robert Pier, con guitarra e voz amplificada, xunto co Coro Diversos Funcionais. Haberá unha proxección audiovisual de presentacións sobre os Mantras das Emocións, acompañada de charlas explicativas sobre o seu significado. Robert e persoas con diversidade funcional compartirán as emocións que xorden neste proceso, combinando música e aprendizaxe.

Danzaterapia en familia XQN
ONG ¿POR QUÉ NO?
• sábado 08 novembro
| 17.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/DanzaterapiaXQN – Fundación María José Jove
Unha actividade aberta a todas as idades, de 0 a 99 anos. Un espazo para explorar o corpo a través da danza, acompañados de música e materiais que invitan a xogar e moverse. Un encontro pensado para gozar en familia, compartir tempo xuntos e descubrir novas formas de expresión corporal.

Freestyle People en Puré Free
POTEN100MOS
• sábado 08 novembro
| 20.00 h – de balde ata completar aforo – Fórum Metropolitano
Unha hora de cultura urbana con freestyle, percusión e moita enerxía en directo. Rimas improvisadas, ritmos tribais coa Banda DiversidArte e un gran peche colectivo con artistas convidadas de Gallos del Norte que converterán o escenario nun estoupido de enerxía e talento urbano.

Carreiros sen néboa
VISITA GUIADA. NOS, WHY NOT?
• sábado 08 novembro
• sábado 22 novembro
| 18.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/VisitaCarreiros – Casa Museo María Pita
Carreiros sen néboa amosa como a fotografía pode ser ferramenta de comunicación e inclusión. As súas autoras, todas con discapacidade intelectual —unha delas cega de nacemento—, convidan a percorrer imaxes que rompen prexuízos e barreiras. Cada obra é un testemuño persoal, entre a busca de instantes únicos, a exploración sensorial da cor ou o traballo en proxectos colectivos.

De corpo a palabra
EXPERIMENTANDAZA
• xoves 13 novembro
| 11.30 h – espectáculo para centros escolares – centro ágora
| 20.00 h – de balde ata completar capacidade – centro ágora
De corpo e palabra é unha peza de danza-teatro que mestura música en directo, poesía e movemento. A partir de textos de poetas como Rosalía de Castro, Xela Arias ou Lorca, e de creacións de artistas con e sen diversidade, a escena énchese de voces, corpos e sonoridades. Un proxecto que busca unha nova linguaxe entre danza e palabra, con participación de Su Garrido, Mercedes Peón e Cibrán Seixo.

Podemos volar sin alas
CRIS DE MIGUEL
• venres 14 novembro
| 11.30 h – espectáculo para centros escolares – Fundación María José Jove
Podemos volar sin alas é un espectáculo poético de monicreques que celebra a diversidade e o poder dos soños. A protagonista, a Princesa Tetê, é unha moza en cadeira de rodas que soña con voar e descubrir o mundo. Creado e interpretado por Cris Miguel, combina narracións multiculturais, música en vivo e técnicas como kamishibai ou teatro de sombras para transmitir unha mensaxe de inclusión e esperanza.

Vermuigual
NEGUS
• sábado 15 novembro
| de 12.00 h a 18.00 h – de balde – La Barra (Rúa Juan XXIII, 10)
Música pinchada en directo para gozar dun sábado especial con temazos de diferentes estilos e épocas. O ambiente correrá a cargo dos DJs do proxecto DJ Inclusivo, que subirán á cabina para facer bailar a todo o mundo xunto con outros DJs referentes da cidade.

De tu a tu
COLLECTIU MUR
• xoves 20 novembro
| 20.00 h – de balde ata completar capacidade – Teatro Rosalía – Visita táctil ao escenario despois da función
¿Qué sucede cuando dos personas, sin prejuicios, se encuentran solas? De tu a tu explora esa intimidade a través de acrobacias con patíns, clowns, bicicletas acrobáticas, malabares con beatbox ou diálogos cheos de humor. Un espectáculo dirixido por Nacho Flores que amosa a verdade, o xogo, a complicidade e a confianza como parte dun gran bosque compartido de emocións.

Xornada de arteterapia e coidados
REBECA PONTE
• toda a xornada
| de balde con inscrición previa: https://i.gal/XornadaArteterapia – Hospital Marítimo de Oza (Salón de Actos)
As Xornadas de Arte e Saúde volven un ano máis dentro do Festigual para poñer en valor o papel das artes terapéuticas no ámbito sanitario. A cita reunirá profesionais e proxectos que aplican a creación artística á investigación, á humanización hospitalaria ou á saúde comunitaria.

Yerma
NOITE DE BOHEMIA
• mércores 26 novembro
| espectáculo para internos – Centro Penitenciario de Curtis
Yerma, de Federico García Lorca, é unha traxedia sobre a esterilidade, a represión e a loita desesperada por un soño imposible. A protagonista enfróntase á fatalidade nunha espiral de dor que culmina nun destino tráxico. Este novo montaje contemporáneo pon o foco na dureza da vida das mulleres a comezos do século XX e nos silencios impostos pola sociedade.

Postcrossing
SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA
• venres 28 novembro
| 17.00 h – de balde con inscrición previa: https://i.gal/Postcrossing – Sala de Exposicións Municipal Salvador de Madariaga
O postcrossing é unha rede global que conecta a milleiros de persoas mediante o envío de postais físicas. Participar é moi sinxelo: envías unha tarxeta e recibes outra desde calquera parte do planeta. A través deste xogo de intercambio créanse lazos inesperados, compártense historias e fórmanse pequenas pontes culturais que nos lembran o valor de comunicarnos máis alá das fronteiras.

Banda da Loba
CONCERTO – LSE – MOCHILAS VIBRATORIAS
• venres 28 novembro
| 20.30 h – de balde ata comletar capacidade – Centro Ágora
| Interpretación en LSE – MOCHILAS VIBRATORIAS
A Banda da Loba presenta Lovismo, xira que leva ao directo o seu último disco (2025). Un espectáculo que percorre diferentes formas de amor a través da bachata, o pop ou a música disco, sen perder a súa identidade literaria e reivindicativa. Un concerto que é tamén declaración: amor como fío vermello, como canto e como transformación. Un concerto que subirá ao escenario a moitas convidadas!
ENTIDADES
REBECA PONTE
Rebeca Ponte é unha profesional especializada en arte e saúde. Conduce un proxecto para axudar aos enfermos a expresar os seus sentimentos a través de actividades artísticas. Este ano coordina as III Xornadas de Arte e Saúde presentada pola Unidade de Coidados Paliativos do Hospital de Oza.
EXPERIMENTADANZA
Compañía profesional de danza que nace no ano 2003 baixo a dirección de Carlota Pérez (coreógrafa, bailarina e historiadora da arte). Durante os últimos 15 anos desenvolveu numerosos espectáculos de danza inclusiva e proxectos comunitarios.
PONTEN100MOS
Poten100mos traballa xunto as persoas en risco de pobreza e exclusión. Queren brindarlles oportunidades e recursos necesarios que lles permitan participar plenamente na vida económica, social e cultural. O seu proxecto DiversidArte ten como obxectivo promover o acceso e creación de cultura de todas as persoas.
SOCIEDADE FILATÉLICA DA CORUÑA
A Sociedade Filatélica da Coruña é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á promoción e difusión da filatelia e da historia postal. A súa misión consiste en fomentar o interese pola colección de selos e a investigación en torno ao patrimonio filatélico, organizando exposicións, charlas e actividades para socios e o público en xeral, así como promovendo a convivencia entre afeccionados e coleccionistas
NOS WHY NO?
Es una asociación sin ánimo de lucro que trabaja a través de la fotografía “profesional” para una inclusión social y laboral de las personas con discapacidad intelectual. Facilitan la formación en fotografía y buscan o crean las condiciones necesarias para que los fotógrafos con discapacidad puedan ejercer la fotografía.
La primera agencia de fotógrafos con discapacidad intelectual ha nacido.
NEGUS
A Asociación Cultural Negus xorde no ano 2001 para achegar “a cultura dos pobos”, tal e como o denomina a organización, a través da música e doutras manifestacións artísticas. O seu principal obxectivo consiste en promover e difundir a cultura nun sentido amplo, ofrecento espazos á artesanía, á pintura, á danza e á música.
¿POR QUÉ NO?
A ONG promove un modelo de desenvolvemento humano autónomo e sostible, centrado na igualdade, a xustiza social e o respecto ao medio ambiente. Defende o protagonismo das organizacións locais e a participación cidadá, combatendo a pobreza e a discriminación. O seu labor busca construír unha sociedade máis equilibrada, solidaria e con iguais oportunidades para todas as persoas.
FESTIGUAL 2023
Queremos un mundo máis xusto, máis igualitario e máis diverso.
QUEREMOS CULTURA • QUEREMOS FESTIGUAL
